Skip to main content
Ribas de Sil

O Concello Ribas de Sil ofrece un taller de informática gratuíto

Por 4 Abril, 2022Abril 5th, 2022Sin comentarios

O Concello Ribas de Sil oferta un curso de formación de informática para aqueles interesados en mellorar as súas nocións ou aprender de cero. Unha ferramenta que a día de hoxe é fundamental para realizar os trámites máis sinxelos do día a día.

O prazo de solicitude mantense aberto e realizarase nas oficinas municipais.

O obradoiro desenvolverase dende o mes de abril ata xuño os martes e os xoves de 18.00 a 19.00 horas no salón de actos no Concello. Para a súa realización é preciso levar un ordenador portátil ou unha tablet.

A informática é algo fundamental no día a día para poder levar a cabo xestións sinxelas como pedir cita para algunha administración local, no centro de saúde, etc.

A actividade será gratuíta.