Skip to main content
Sober

O CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober recibiu á educadora social co programa ‘Fumatas’

Por 19 Abril, 2022Abril 20th, 2022Sin comentarios

Un ano máis a Educadora Social do servizo de Prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte, Luisa Astray; estivo no colexio Plurilingüe Virxe do Carme de Sober co programa “FUMATAS” no que un dos obxectivos principais é que os nenos e nenas desenvolvan hábitos e actitudes saudables centrándose na prevención do tabaquismo.

Nestas sesións o alumnado recibiu información sobre esta substancia e realizou experimentos cos que observaron como o feito de fumar prexudica gravemente a nosa saúde.

Tamén fórmulas para rexeitar os ofrecementos de tabaco e invitóuselles a que no futuro sexan uns bos axentes de saúde para non comezar a fumar e para animar aos adultos fumadores que teñan ao seu carón a que deixen de fumar.

Tabaquismo
O tabaquismo é a adicción ao consumo do tabaco. É un dos efectos do tabaco na saúde. O consumo habitual do tabaco é unha enfermidade que produce diferentes enfermidades, como cáncer, enfermidades cardiovasculares e enfermidades respiratorias.