Skip to main content
Sarria

Valentina será proxectada en sesión dobre en Sarria

Por 11 Abril, 2022Maio 24th, 2022Sin comentarios

O cinema da Casa da Cultura de Sarria proxectará o próximo 12 de abril a película galega premiada co Goya á Mellora Película de Animación, nomeada tamén nos Premios Platino 2022, Valentina.

Dada a súa repercusión ofrecerán dobre sesión, pola mañá e pola tarde. A primeira sesión será ás 12.00 horas e a segunda ás 17.30.

O filme dirixido por Chelo Loureiro trata dunha pequena que soña con ser trapecista que cree que por ser Down non poderá conseguilo. A súa avoa, compañeira de xogos, aprendizaxes e cancións asegúralle que, si as eirugas son capaces de converterse en bolboreta, nada é imposible. E que nunca se debe perder a ilusión nin as ganas de aprender, as mesmas que ela pon, aínda a súa idade, no seu afán de converterse en directora de orquestra.

Unha película chea de valores que suporán unha toma de conciencia para os máis pequenos, no que se inclúe a aceptación de un mesmo co fin de normalizar a mirada dos nenos.