Skip to main content
O Incio

O Incio destina a maior parte dos fondos do Plan único á mellora de vías municipais

Por 19 Abril, 2022Abril 20th, 2022Sin comentarios

O Concello do Incio destinará 190.000 euros, dos 290.000 totais que lle corresponden do Plan único da Deputación de Lugo, á mellora de vías municipais.

As vías que sufrirán os traballos de mellora son a que conecta Outeiro con Pacios, onde se levará a cabo unha pavimentación orzamentada en 53.429 euros, o camiño entre Foilebar e Trascastro será mellorado con 46.804 euros, o acceso de Saa será acondicionado grazas ao investimento de 37.373 euros. Tamén se mellorarán os accesos a Teimoi, Outeiro, Noceda, A Cervela e Piornedo con 53.262 euros. O Concello destinará dos fondos propios 12.716 euros para completar os traballos da Cervela.

Ademais da mellora das vías municipais, o Concello destinará 40.116 euros do Plan único ao fomento do emprego e 25.000 euros para o Servizo de axuda no fogar.

Por outra banda, as actividades culturais onde se atopa o Festival Terra Brava, a revista de Os Fanagueiros, actos nas parroquias e as clases de música serán promovidos cunha partida de 21.000 euros, o deporte levará 5.000 euros e outros eventos turísticos e promoción dos mesmos serán obxecto de inversión de 5.000 euros. Os 3.500 euros restantes irán destinados á compra fun xeófono.