Skip to main content
Láncara

Láncara retoma a Festa do mexillón o próximo 15 de abril

Por 3 Abril, 2022Abril 4th, 2022Sin comentarios

O Concello de Láncara volve á normalidade cunha nova edición da Festa do Mexillón. Esta celebración é a primeira que conmemora este produto en Galicia, naceu no ano 2015 e terá lugar o próximo venres 15 de abril.

Dende o Concello fan un chamamento a aqueles establecementos de hostalaría que queiran participar se anoten na Casa Consistorial tendo de prazo ata o próximo martes 5 de abril ás 14.00 horas.

Nas edicións anteriores o Concello facilitaba aos locais de hostalaría o produto e cada un deles preparábao de maneira diferentes para poder ofrecer aos clientes como tapa da consumición.

Na última edición desta festa, celebrada con normalidade no ano 2019, participaron 16 negocios, a maioría deles situados na Pobra de San Xiao, Xeitoso, Puchas, Con Vero, Avenida e Refugio, xunto co Mesón do Neira, mesón Don Cosme e o disco-pub Joy.

Tamén formaron parte dentro da parroquia de Láncara o establecemento Ramón, Benita, Casa Enriqeuta, Casa Pedro de Armea, a Taberna de Muro, o restaurante A Reboleira e a taberna de Vilaleo.