Skip to main content
Láncara

A Charanga NBA formará parte da Festa do mexillón en Láncara

Por 12 Abril, 2022Maio 24th, 2022Sin comentarios

A Asociación Cultural Val de Láncara colabora na celebración da Festa do Mexillón achegando a actuación da Charanga NBA en dous dos negocios que participan. Esta celebración é a primeira que conmemora este produto en Galicia, naceu no ano 2015 e terá lugar o próximo venres 15 de abril.

Nesta nova edición están confirmados a participación do Refugio, Mesón do Neira, Taberna Airexe, Casa Benita, Casa Enriqueta, Taberna de Cedrón e Taberna de Armea.

Nas edicións anteriores o Concello facilitaba aos locais de hostalaría o produto e cada un deles preparábao de maneira diferentes para poder ofrecer aos clientes como tapa da consumición.

A Charanga aportada pola Asociación estará presente no Bar Benita e na Casa Enriqueta a partir das 21.00 horas.