Skip to main content
Láncara

A selección galega resultou campioa de España de Salmónidos mosca 2022

Por 16 Abril, 2022Sin comentarios

Os pasados 7 e 10 de abril tivo lugar o XXXII Campionato de España de Salmónidos mosca, organizado pola Federación de Pesca e Casting do Principado de Asturias. Cada participante tivo que pescar unha manga en cada fase.

O Río Piloña, en Asturias foi o escenario onde a selección galega se proclamou, unha vez máis campioa de España na categoría absoluta, neste grupo de pescadores atópanse varios membros do clube de pesca Río Neira de Láncara. Con esta, sería a terceira vez nos últimos catro anos que se celebrou.

A nivel individual, o ouro e a prata tamén chegaron a Galicia da man de José Luís López Fernández que quedou campión, e David Arcay, socio do clube de pesca Neira de Láncara, que acadou o segundo posto.

David Arcay Fernández conseguiu na fase individual 16.455 puntos, o que lle outorgou a prata.

Parte da selección galega estaba formada por socios deste clube lancarés.