Skip to main content
Láncara

Os chefs Nardo e Santi Almunia ofrecerán un showcoocking en Láncara

Por 30 Abril, 2022Maio 1st, 2022Sin comentarios

O Concello de Láncara segue a desfrutar da súa Feira que ten a Tenreira Galega Suprema como protagonista.

O domingo entre as 12.00 horas e as 13.00 horas no Campo da Feira haberá un showcoocking impartido por Nardo, chef do restaurante Canedo e Santi Almunia, chef do Mesón Colón que cociñaran pratos de tenreira galega suprema e que degustarán os asistentes ao evento. O aforo será limitado.

Tamén haberá degustación de produtos da queixeria Guitian, Manxares Caballero, Queixos Torre, marmeladas Do Souto, torta de Sarria e sidra ecolóxica Maeloc.

Os veciños xa puideron quencer motores o pasado 29 de abril, xa que se colocou unha food truck do restaurante Canedo con hamburguesas artesanais, pizzas e pastrami de carne de tenreira galega suprema. Unha cita que foi amenizada polo DJ Miguel de Cendoi.