Skip to main content
Paradela

Paradela celebrará a festa de San Isidro o próximo 15 de maio

Por 24 Abril, 2022Abril 25th, 2022Sin comentarios

Paradela prepárase para o próximo 15 de maio, data na que celebrará de novo a festa de San Isidro. O programa contará con actos xa consolidados e tradicionais propias desta celebración, como o desfile de carros do país ou a exposición de maquinaria agrícola e gando.

Este ano, haberá unha actividade novidosa, unha exposición sobre o bicentenario do Concello, o aniversario do Concello foi no ano 2020, porén, dada a situación sanitaria naquel momento non se puido levar a cabo ningunha celebración. Para darlle máis visibilidade a esta cita, haberá unha exposición especial con imaxes da historia do concello, as súas personaxes ilustres, o inicio da banda de Paradela, etc. Esta mostra logrouse grazas as imaxes cedidas polos veciños e as achegas do Concello, asociacións, etc.

A cita comezará pola mañá coa exposición de reses no mercado gandeiro, ao mesmo tempo a Asociación de mulleres de Paradela exporá no centro sociocultural Manuel Oreste Rodríguez as manualidades realizadas polos socios. A continuación, un pasarrúas animará o ambiente festivo da vila. No campo da feira instalaranse postos de comida e, xa pola tarde terá lugar a misa a San Isidro, a procesión e o desfiles de carros do país.

A comitiva será acompañada pola banda de Paradela e, ao finalizar o percorrido dará un concerto para os asistentes. Para rematar, unha orquestra e a degustación de Tenreira Galega Suprema, pan de Paradela e viño da Ribeira Sacra, tres produtos autóctonos da provincia que lle dan maior valor gastronómico a este evento.