Skip to main content
Samos

O BNG de Samos demanda ao Concello un centro social para maiores

Por 3 Abril, 2022Sin comentarios

O BNG de Samos instou ao goberno local a crear un centro social para as persoas maiores do Concello que debido á situación sanitaria vivida durante os dous últimos anos caeron no illamento e falta de relacións sociais.

Esta proposta levouse ao pleno ordinario en forma de moción. A portavoz do partido María Jesús López mantivo que este era un servizo necesario nun municipio no que a maior parte dos veciños son de elevada idade e sufriron de primeira man os efectos da Covid.

Ademais, o BNG aproveitou para presentar unha segunda moción que tiña como eixo central unha serie de medidas para paliar na sociedade os efectos da inlación.

Outro tema de discusión foi o acondicionamento das zonas verdes do Concello, xa que aportan unha imaxe descoidada do municipio sumada á falta de limpeza nas beirarrúas da vila. A última petición do partido ao goberno foi a solicitude á Deputación de Lugo do arranxo da estrada que conecta Paredes con Vilela a LU-P-5603.