Skip to main content
Sarria

O Buril acollerá a proxección ‘Una orquesta armada ¿Puede la música cambiar el mundo?’

Por 12 Abril, 2022Abril 13th, 2022Sin comentarios

A Asociación Cultural O Buril acollerá esta semana a presentación e estreo do documental Una orquesta armada ¿Puede la música cambiar el mundo?. Proxectarase a peza audiovisual e posteriormente haberá un coloquio co director. Esta cita terá lugar o 14 de abril ás 21.30 horas na travesía Mueblenorte de Sarria. A entrada será libre ata completar aforo.

A través de declaracións e actuacións dun crisol de músicos debúllanse descoñecidos e emocionantes episodios da historia nos que a música se ha mostrado como o que realmente é: unha arma, unha ferramenta para transformarnos e facer deste mundo un lugar mellor. Os músicos reflexionan e contan interesantes vivencias.

A longametraxe arrinca cos músicos lendo un texto. Pedíuselles facelo sen aviso previo, non saben de que se trata e a espontaneidade das súas reaccións marca o ton. Todos se atopan nun lugar diferente, un camerino, un gran escenario, unha proba de son etc. O texto remite a un episodio da II Guerra Mundial durante a estrea da 7ª Sinfonía de Shostakovich. A música convértese en parte moi activa do discurso narrativo e este compleméntase con pezas de animación e actuacións en directo dos músicos que aparecen.

O DIRECTOR 
Iván Muñiz foi licenciado en imaxe e son na Universidade Complutense de Madrid ( UCM) traballou no sector realizando anuncios, programas de TV, videoclips, documentais, etc. O seu maior desenvolvemento é na área de montaxe. Creou a súa propia produtora Silver and gold films desde onde produciu de maneira independente gran parte da súa filmografía.