Skip to main content
Sarria

Os comercios de Sarria celebran o Día da nai

Por 21 Abril, 2022Abril 22nd, 2022Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU desenrola dende o martes día 19 ata o día da nai (1 de maio) unha campaña con motivo desta data tan sinalada no calendario, coa colaboración do Concello de Sarria.

¡Adicatorias a Mamá! é o nome da campaña que se desenrola este ano no Centro Comercial Urbano de Sarria con motivo do día da nai. Este ano o día da nai o queremos celebrar dun xeito especial, o venres día 29 de abril a nosa reporteira voltará ás rúas de Sarria para recoller as adicatorias ás mamás, que posteriormente se subirán ao Facebook do CCU Sarria, e a máis votada gañará unha cea para dúas persoas na hostalaría asociada.

Por outro lado, dende ese mesmo día e ata o día da nai, as compras nos establecementos asociados darán a oportunidade de gañar un dos tres vales que se sortean por importe de 50 euros. Durante a vixencia da campaña, os clientes depositarán os seus tíckets de compra nas furnas habilitadas nos establecementos asociados a ACES, cubrindo os seus datos.

O martes día 3 de maio ás 13.00 horas procederase ao sorteo ante público dos 3 vales de 50 euros. A persoa gañadora da cea será a adicatoria que máis “Me gusta” ou equivalentes teña ás 23:59 horas do día 1 de maio.

Sarria ten un comercio e hostalaría activos e con inquedanzas, que innovan continuamente para chegar aos clientes do Centro Comercial Urbano de Sarria (#atoparaloensarria). Establecementos variados, de moi diversos sectores: salóns de beleza, ópticas, axencias de viaxe, roupa, calzado, agasallo, colchoerías, decoración, bares, restaurantes, aloxamentos, …