Skip to main content
Sarria

O Concello de Sarria confirmou nas súas redes sociais a visita do Rei Felipe VI

Por 21 Abril, 2022Abril 22nd, 2022Sin comentarios

O Concello de Sarria puxo en marcha os preparativos para recibir o vindeiro martes, 26 de abril, a visita do rei Felipe VI. O xefe do Estado será recibido no cuartel da Garda Civil co fin de coñecer de primeira man as súas instalacións e o traballo que realizan para ofrecer protección e seguridade aos camiñantes na ruta xacobea.

Esta visita coincide coa celebración do Ano Xacobeo, unha celebración especial para Sarria, xa que se trata dun dos núcleos elixidos por miles de peregrinos para comezar o Camiño e conseguir a Compostela, acreditando así a realización da ruta.

Prevese que o monarca estea acompañado na súa visita a vila sarriá da directora da Garda Civil, María Gámez Gámez e o ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska.

Aínda se descoñecen cales serán os destinos aos que acudirán o rei e as demais personalidades, porén, Sarria xa está levando a cabo os preparativos para a súa recepción.