Skip to main content
Sarria

José Tomé participou na visita insititucional que realizou o Rei Felipe VI ao Cuartel de Sarria

Por 27 Abril, 2022Abril 28th, 2022Sin comentarios

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este martes na visita institucional que realizou o Rei Filipe VI ao Cuartel da Garda Civil de Sarria, a primeira viaxe oficial do Xefe do Estado á provincia.

A institución provincial colaborou coa Benemérita na organización do acto, que contou coa presenza do Ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska, a Directora da Garda Civil, María Gámez Gámez; o Vicepresidente Primeiro da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, o Presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e o Alcalde de Sarria, Claudio Garrido, entre outras autoridades.

Tomé Roca acompañou ao Xefe do Estado na visita ás instalacións sarriás para coñecer o traballo dos axentes para a protección e seguridade dos peregrinos e peregrinas no Camiño de Santiago e recoñecer o seu labor no Ano Santo. O posto de Sarria é un dos referentes do Camiño de Santiago Francés, sendo o concello lucense o punto de saída dun gran número de peregrinos ao atoparse no límite dos 100 quilómetros esixidos para obter a Compostela.

Esta será a primeira visita real ao concello de Sarria dende que hai 110 anos, cando os bisavós do actual Rei, Alfonso XIII e Victoria Eugenia, asistiron a unha misa no convento da Merced.