Skip to main content
Sarria

Aprobada a moción do PP sobre o arranxo das beirarrúas da Rúa Matías López en Sarria

Por 29 Abril, 2022Abril 30th, 2022Sin comentarios

O pasado xoves, Sarria celebrou o pleno ordinario que deixou como resultado a expulsión do portavoz do Grupo Popular, José Antonio García. Foi na quenda de rogos e preguntas despois de sumar tres apercibimentos de Claudio Garrido, o alcalde.

A expulsión tivo lugar despois de que unha concelleira do Partido Popular fixera unha pregunta sobre a poda dos árbores no Chanto e das obras de renovación do firme na Rúa Castelao. O PP xa fixera constancia de que a poda comezara 21 días antes da adxudicación do contrato á empresa.

O rexedor afirmou que o grupo popular tiña a información, feito que o PP negou dicindo que era mentira, tras isto, recibiu o terceiro apercibimento e foi expulsado.

O Partido Popular afirmou que o grupo realizara tres solicitudes sobre o contrato de poda e outros dous en relación ás obras de Castelao, sen recibila.

Por outra banda, o PP levou a pleno unha moción para o arranxo das beirarrúas da rúa Matías López que resultou aprobada. Tamén se aprobou a instalación dun paso elevado para peóns na vía do tren na zona de Requeixo por Adif.