Skip to main content
Sarria

Todo preparado para o festival solidario de Sarria

Por 29 Abril, 2022Abril 30th, 2022Sin comentarios

Sarria xa ten todo listo para celebrar o I Festival da solidariedade de Sarria. Un festival de música solidario organizado pola sociedade cultural A Unión. Esta cita terá como fin a recollida de fondos para os refuxiados ucraínos. Neste acto solidario organizado polo Concello colaboran os grupos locais de Sarria.

Nun primeiro momento este acto tería lugar o pasado 23 de abril, porén a proxección do filme A Virxe Rosa obrigou a adiar esta celebración ata o 30 de abril.

O diñeiro recadado a través dos donativos dos asistentes será entregado á asociación sen ánimo de lucro KidsUcrania que axuda aos infantes ucraínos dende o ano 2019.

Unha familia local de Sarria acolleu a catro ucraínos (dous nenos e dúas mulleres adultas) grazas a esta asociación que está a organizar unha nova viaxe para recoller refuxiados de guerra.

PROGRAMA

  • 13.00 horas – CLARISAXOS ESCOLA DE MÚSICA
  • 13.45 horas – ELSA FERRER
  • 14.30 horas – DOUS BOS
  • PAUSA COMIDA: Haberá polbeira no recinto para os que queiran xantar en La Unión.
  • 17.30 horas – CANTAREIROS
  • 18.15 horas – LORENA & GONZALO
  • 19.00 horas – MEIGAS E TRASGOS
  • 19.45 horas – SINIESTRO PARCIAL
  • 20.00 horas – SARRICANTA
  • 20.45 horas – PELERIÑOS
  • 21.30 horas – RÚA DA MÚSICA 2
  • 22.45 horas – GAITEIROS DE GOIÁN