Skip to main content
Deportes AMARIÑAXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

Triplo empate por equipos no III Aberto das freces de billarda

Por 12 Abril, 2022Sin comentarios

Por Daniel Rodríguez Saavedra.

Pode decirse con seguridade que Bretoña foi xerme para que un puñado de arroutados levaran adiante a creación da LNB. Un pequeno proxecto que hoxe en día segue acadando cotas de participación que daquela naide se atrevía a imaxinar.

Logo dunhos anos de ausencia, as billardas volveron voar ledas cruzando os azuis ceos da anterga Britonia no III Aberto das Freces, sendo a oitava xornada da liga.

No campo da festa e nunha tarde de sol expléndida, acudiron a chamada das gorentosas freces (cas que a organización agasallou os participantes ao remate do aberto),  setenta e un palanadores (48 homes, 15 donas e 8 cativos).

O chan por mor das pasadas choivas mantíñase algo mal por zonas e noutras o musgo facía traballoso asentar ben as billardas o que se traduxo en puntuacións non demasiado altas. Só sete palanadores acadaron ou superaron os vinte puntos. Entre estos ousados están os gañadores da xornada. Charli de Carabullo gañou o desempate a Xan Bagaria de Madia Leva (os dous con 23 puntos) e terceiro  con 22 puntos, Muriego de Remourelle Bulls .

En donas luciuse Milagros de Carabullo, que estrea podio, seguírona Dori e Aroa, compañeiras de Billardeiros Musicais. Mateu de Madia Leva, dominou a categoría infantil e nada menos que con 20 puntos, tras del clasificáronse Aroa e Diego.

En equipos por primeira vez deuse un triple empate na cabeza o que dí ben as claras a igualdade que reina entre os tres primeiros da clasificación. Tocoulle gañar a Carabullo dado que un dos seus xogadores, Charli, foi quen acadou a maior puntuación e así o establece o regulamento de xogo.

Co triunfo en Bretoña, Charli deu un salto do quinto ao primeiro posto da clasificación xeral, na que os cinco primeiros seguen a se intercambiar os postos constantemente. Quedan tan so dúas xornadas para rematar a tempada e so a categoría de donas e a de infantís semellan estar case decididas. Agárdanos un final de tempada de infarto.

Rematouse a xornada ca entrega de agasallos os gañadores e ca proba por tódolos pesentes das típicas lamboadas da zona, as freces acompañados da música de gaitas.

A vindeira xornada será na Ponte de Outeiro e xogarase o sábado 16 no campo de fútbol de Muimenta.

As clasificacións logo da oitaba xornada quedan asi:

Individual:  

Charli (Carabullo) 150 p.

Basilio (Billardeiros Musicais) 149 p.

Daniel (Billardeiros Musicais) 149 p.

Regueiro (Troitas Bravas) 148 p.

Sachas (Troitas Bravas) 147 p.

Donas:

Aroa (Billardeiros Musicais) 107 p.

Irea (Carabullo) 91 p.

Geni (Billardeiros Musicais) 71 p.

Equipos:

Carabullo (Ponte de Outeiro) 613 p.

Troitas Bravas (A Pontenova) 610 p.

Billardeiros Musicais (Ribadeo) 604 p.

CALENDARIO

  • 1ª xornada –  Castroverde – domingo 12 de setembro – organiza Billarda Verde
  • 2ª xornada –  A Pontenova – domingo 3 de outubro – organiza Troitas Bravas
  • 3ª xornada –  Lugo – domingo 14 de novembro – organiza Madia Leva
  • FÓRA DE LIGA: Copa Cantábrica entre Galicia e Asturias – Piedras Blancas – sábado 20 de novembro ADIADA
  • 4ª xornada –  Ribadeo – domingo 12 de decembro – organiza Billardeiros Musicais
  • 5ª xornada –  Castro Ribeiras de Lea – sábado 15 de xaneiro – organiza Chainzos Cadaval
  • 6ª xornada –  Mondoñedo – sábado 12 de febreiro
  • 7ª xornada –  San Miguel – sábado 5 de marzo – organiza Flores
  • 8ª xornada –  Begonte – domingo 20 de abril – organiza Castiñeiro Milenario
  • FÓRA DE LIGA: XII O Varal encontro billardeiro entre as tres conferencias
  • 9ª xornada –  Ponte de Outeiro – sábado 16 de abril – organiza Carabullo
  • 10ª xornada –  Remourelle – sábado 14 de maio – organiza Remourelle Bulls
  • Finais en Santiago de Compostela – domingo 29 de maio