Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

Alvariño e Castro certifican a súa participación na selección de arco recurvo

Por 13 Abril, 2022Sin comentarios

Os seteiros ponteses Miguel Alvariño e Daniel Castro certificaron a pasada fin de semana no Gran Premio de Benalmádena a súa participación na selección española de arco recurvo que competirá nas dúas citas da Copa do Mundo en Turquía e Corea.

Alvariño e Castro triunfaron nas probas malagueñas terminando como primeiro e segundo na táboa final que era a que decidía aos dous primeiros integrantes do conxunto estatal. O equipo completarase con Pablo Acha e Ken Sánchez.

Os ponteses saben agora xa a súa folla de roteiro nas próximas semanas, xa que

O vindeiro luns día 18 comezará a Copa do Mundo de Antalya, á que precederá unha breve concentración da selección antes da súa disputa. Tras esta cita dirimirase o trofeo en Gwangju, Corea, cabe lembrar que esta proba ía ser inicialmente en Shangai aínda que debido ao coronavirus mudou a súa ubicación. entre o 16 e o 22 de maio.