Skip to main content
Abadín

O PSOE de Abadín critica a compra dunha parcela “completamente a monte”

Por 12 Abril, 2022Sin comentarios

O voceiro socialista de Abadín, Pablo Díaz criticou a compra por parte do Concello dunha parcela por un importe 242.345 euros (honorarios aparte), e que conta cunha superficie 18.153 m2, un terreo que corresponde a unha finca a monte e na que o metro sae a 13,35 euros, o que cualifica “como unha auténtica estafa aos veciños”.

Pablo Díaz avanzou que o Goberno do PP de Rancaño incluíu dentro dos proxectos do Plan Único 2022 a compra dunha parcela para esparcemento, como así consta no proxecto. Segundo explicou o propio Concello esta parcela “servirá para facer unha ruta sendeirismo e tamén para construír un aparcamento”.

O voceiro socialista cualificou esta operación “como un autentico despilfarro dos investimento públicos do noso Concello. Abadín non pode permitirse o luxo de non ter un polígono e investir máis de 240.000 euros na compra dunha parcela que esta completamente a monte”.

“Non podemos dilapidar os nosos investimentos en proxectos que non teñen ningún sentido, pero que ademais non contribúen en mellorar as nosas dotacións e os nosos servizos públicos. A compra deste terreo que esta completamente a monte, pasará a historia de Abadín como a maior dilapidación de recursos públicos do Concello”, replicou Pablo Díaz.

“Presentar un proxecto para construír prazas de aparcamento en Abadín é rirse diante da cara dos veciños e veciñas, e tamén responde a actitude dun dirixente político que non coñece en absoluto as realidades do seu propio Concello, onde cobra como Alcalde pero non exerce. Dende o PSdeG estaremos vixiantes para que toda a veciñanza coñeza de primeira man, todos e cada un dos movementos do PP sobre a compra deste terreo”, dixo o voceiro socialista.