Skip to main content
Abadín

O PSOE de Abadín denuncia carencias sanitarias no centro de sáude

Por 20 Abril, 2022Sin comentarios

Advirten que nestes intres “un dos tres médicos que consultan no centro está de baixa dende fai dous meses, e non se cubriu a súa praza”.

O voceiro socialista de Abadín, Pablo Díaz, denunciou onte as carencias sanitarias que esta padecendo a veciñanza de Abadín, “xa que actualmente un dos tres médicos que consultan no centro de saúde está de baixa dende fai dous meses, e a día de hoxe non se cubriu a súa praza”.

Os socialistas sinalan ademais que durante os pasados días 11, 12 e 13 abril só se atenderon as urxencias pola falla de facultativos, “xa que só había un sanitario para atender as tres consultas”. “E constatamos que esta situación non mellora e cada día vamos a peor. Por iso queremos saber que esta facendo o alcalde para recuperar a asistencia médica no centro de saúde?”, replica Díaz.

O voceiro socialista explica ademais “que incluso os propios servicios sanitarios nos trasladan o seu cansazo e as súas queixas pola situación coa que teñen que traballar diariamente. Xa que por unha banda non se cobren as baixas nin tampouco se programan as vacacións dos facultativos, co fin de non deixar sen asistencia as consultas”, lamentan.

“Nestes intres o Concello de Abadín conta cunha poboación de preto de 2.300 veciños que só conta con dous médicos, cando terían que estar tres na consulta. E mentres acontece toda esta situación o PP mira unha vez máis cara outro lado, sen inmutarse e sen facer absolutamente nada, esa é a preocupación que ten pola asistencia médica da nosa vila. Por iso, dende aquí urximos ao alcalde a poñerse en contacto coa conselleira de Sanidade para solventar esta situación”, replican dende o PSdeG.