Skip to main content
Begonte

Comeza o programa para deixar de fumar en Begonte

Por 8 Abril, 2022Sin comentarios

O mércores 6 de abril deu comezo o Programa de Deshabituación Tabáquica organizado a través do servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade a fin de promover hábitos de vida saudable na comunidade.

A terapia que se prolongará ata o mes de xuño en sesións semanais de traballo será a cargo de Rosa Marina Zas Castro psicóloga da Asociación Española Contra o Cancro de Lugo, tendo como obxectivo que as persoas participantes abandonen o consumo de tabaco ofrecendo apoio terapéutico e diferentes vías de asesoramento ao fin de facilitar unha alternativa saudable que mellore a nosa calidade de vida.

A actividade ten lugar no Telecentro de Begonte e nela participan persoas pertencentes aos Concellos da Agrupación (Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade).