Skip to main content
Cospeito

Arranca hoxe a 38 edición da Moexmu

Por 1 Abril, 2022Abril 3rd, 2022Sin comentarios

208 cabezas de gando estarán en Muimenta no concurso Fefriga 2022, dentro da Moexmu.

Arranca hoxe a programación da 38 edición da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), que se celebra ata o 3 de abril no recinto feiral Manuel Vila.

A feira multisectorial, que conta cunha importante presenza de gando, maquinaria agrícola e gandeira e artesanía celebrarase os vindeiros días 1, 2 e 3 de abril no recinto feiral Manuel Vila López de Muimenta.

O programa foi elaborado para a XXXVIII edición da Mostra Exposición de Muimenta, o XXXVI Concurso de Gando Frisón, a XXXVI Exposición de Gando de Raza Rubia Galega e a XXVI Poxa de Gando Selecto. A maiores, o Recinto Feiral Manuel Vila López acollerá este ano o XXX Concurso Autonómico de Raza Frisona Fefriga 2022.

Igualmente, a comisión organizadora da Moexmu consolida o seu programa de actividades para o domingo 3 de abril, a partires das 16:30 horas co IV Campionato de raza Can de Palleiro, no propio Recinto Feiral Manuel Vila López de Muimenta.

Dito concurso está reservado para os cans da mencionada raza, inscritos no Libro de Oríxenes da Xunta de Galicia e maiores de tres meses. O mesmo é puntuable para o XVI Monográfico de raza Can de Palleiro 2022.

Está previsto que nesta edición participen más de 200 animais dunhas 28 explotacións das provincias de Lugo, Pontevedra e A Coruña. Está valorado no seu conxunto en 484.5000 euros.

O PREGÓN

O pregón estará a cargo do xornalista Antón Losada, que é habitual colaborador da Cadena Ser, e doutros medios de comunicación a nivel estatal, como El Diario, La Opinión o El Periódico de Catalunya. Tamén foi director de Radio Voz en Madrid, a mediados da década dos 90.

Estaba previsto que xa o fora no ano 2.020, edición suspendida pola covid-19, e o xornalista mantivo o seu compromiso coa Moexmu de Muimenta.

Doutor en Dereito pola USC é profesor titutar de Ciencia Política no departamento de Socioloxía e Ciencia Política desa Universidade dende 1998. Tamén ten un Máster en xestión pública pola Universidade de Barcelona.

Ten varios libros publicados, como La política del mar: políticas públicas y autonomía. El caso de la pesca gallegaPiratas de lo públicoCódigo Mariano o Los ricos vamos ganando.

ACTIVIDADES PARALELAS

Nesta edición permanecerá aberto o Museo da Zoca e da Escola Vella (ubicados no campo da Igrexa Vella) por parte da directiva de Xotramu en horario de tarde, de 17.30 a 19.00 horas, o sabado e o domingo tamén de mañá de 12 a 13 horas. A entrada sera gratuíta.

Nas oficinas da Moexmu haberá unha exposición de traxe tradicional, así como pedzas de cantería, a través do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación.

O venres pola tarde, entre as 15.30 e as 18.00 horas terá lugar no salón de actos do centro sociocultural de Muimenta unhas xornadas técnicas para gandeiros, organizadas por Severiano Agrocomercial.

O venres será o día dedicado á veciñanza con entrada de balde.  O sábado e o domingo a entrada será de 3 euros para os maiores de 12 anos.

O RECINTO

O Concello de Cospeito, xunto á comisión organizadora, realizou obras de acondicionamento do recinto feiral Manuel Vila López, realizando melloras nas naves destinadas tanto á ubicación do gando como ao concurso de gando. Hai máis de 25.000 metros cadrados de exposición, dos cales, casi 15.000 será ocupados por maquinaria nova e sudad, coches e motos. Para que o recinto non quede pequeno ampliouse con parte da pista que rodea o recinto feiral.

Tamén como en anos anteriores haberá stands ocupados por artesanía popular galega, produtos galegos de calidade, úteis gandeiros, etc, ata un total de 100 expositores. No espazo cuberto do recinto feiral ubicaranse parte dos expositores que antes tiñan o seu stand no polideportivo, onde se consolida o espazo dedicado ao gando frisón.

Medio Rural colabora coa Moexmu, premiando as mozas e mozos gañadoras do certame de xóvenes manexadores de gando vacún.

Medio Rural da Deputación de Lugo facilitará á organización da Moexmu lotes de libros para premiar aos mozos e mozas gañadoras do certame de manexadores de gando vacún de leite, incluído entre as actividades da feira agrogandeira que se celebrar do 1 ao 3 de abril no recinto feiral Manuel Vila López de Muimenta.

Trátase dun concurso galego no que se valora as habilidades dos mozos e mozas participantes na preparación, manexo e presentación dos animais ante un xurado especializado. O certame está aberto a gandeiros e gandeiras ata os 30 anos, e establécense premios para as distintas franxas de idade. Os lotes de libros, editados polo Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, inclúen títulos adaptados as diferentes idades.

A deputada de Medio Rural Mónica Freire sinalou “a importancia desta cita gandeira para dinamizar o sector pero tamén para trasladar á sociedade en xeral o valor social, ambiental e cultural da gandeiría e xenerar, sobre todo entre a mocidade, unha maior autoestima e orgullo de pertencer ao rural”.

O certame de manexadores de gando vacún celebrarase o domingo a partir das 11.30 horas e pechará un programa que inclúe, entre outras citas, un concurso e unha poxa de gando frisón, así como unha exposición de gando.