Skip to main content
Cospeito

A Feira do Monte recupera en maio as súas festas patronais

Por 23 Abril, 2022Abril 24th, 2022Sin comentarios

A Feira do Monte recuperará este mes de maio as súas festas patronais tralo parón da pandemia. Así, a comisión organizadora convocou as celebracións para a fin de semana do 6 ao 8 de maio.

Aínda que non está todo rematado, xa deron un pequeno avance do programa, no que o apartado musical volve a cobrar protagonismo. Polo tanto, estarán presentes as orquestras Olympus, Cinema e Alabama Show, ademais dos grupos Asubíos da Charia e Mar d’Arousa.

O domingo tamén haberá pasarrúas a cargo do grupo de gaitas local Asubíos da Chaira e a misa maior estará cantada polo Coro Municipal Virxe do Monte.

Ao longo dos próximos días a comisión dará a coñecer o programa completo, mentres pide a colaboración veciñal para sacar adiante esta celebración.