Skip to main content
Cospeito

O PSOE reclama o arranxo da consulta da Feira do Monte e das estradas de Muimenta

Por 30 Abril, 2022Maio 1st, 2022Sin comentarios

Os socialistas de Cospeito manifestaron o seu malestar porque siga sen arranxarse a consulta do soto no centro de saúde de Feira do Monte.

Hai oito meses que fixeron a primeira denuncia sobre esta instalación e indican que “se atopándose nun estado tercermundista con humidades e óxidos, que parece ser que se olvidaron de reparala co resto das estancias e leva así xa tempo, cada vez peor”.

Segundo indica a voceira socialista, este tema levouse a pleno en varias ocasións e malia que o Concello admitiu a situación, “están pasando a pelota da Consellería ao Concello e aínda non se amañou”.

Por outra banda, os socialistas tamén lembraron que o estado das estradas e camiños municipais “é lamentable” e que aínda que se arranxaron algúns deles con zahorra para a celebración das feiras de abril no Concello, a situación non mellorou moito e foi un parque que non soluciona o fondo do problema”, explicou Rosa Morán.