Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAGuitiriz

Toño Teijido foi o gañador na categoría absoluta da Guitiriz Termal

Por 3 Abril, 2022Sin comentarios

No seu regreso á modalidade presencial tras catro anos de parón, a XII Carreira popular e solidaria Guitiriz Termal foi todo un éxito de participación, con 307 persoas que desfrutaron dunha xornada de deporte en familia.

A saída e meta foi no Campo da Feira, unha proba na que o atleta local Toño Teijido rematou como gañador da categoría absoluta. Ademais, houbo carreiras de biberóns, que o pasaron en grande acompañados dos seus pais e nais, Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16. Tamén se organizou unha andaina de 9 quilómetros, que percorreu algúns dos lugares máis emblemáticos do municipio.

Agora farase contada do recadado entre as inscricións e donativos e os fondos serán doados a Somos unidos por el Cáncer, unha asociación fundada por un grupo de nais e pais con fillos (nenos e adolescentes) enfermos de cáncer e que traballa para axudalos a eles e á súa contorna.

Desde o Concello faise un especial agradecemento a entidades como Abanca ou Gadis que cederon produtos de avituallamento e prendas deportivas e tamén a Somos unidos por el Cáncer por ceder o arco da meta.