Skip to main content
Axenda Caducada

Guitiriz organiza o ciclo de actividades infantís Venres de Lecer

Por 5 Abril, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Concello de Guitiriz aposta esta primavera polo ciclo de actividades Venres de Lecer, dirixidas á rapazada de entre 3 a 12 anos.

Esta programación cultural e de conciliación constará de 6 actividades ao longo de diferentes venres desta primavera e que terá lugar CEIP Lagostelle, en horario vespertino de 16:15 a 17:45 h.

As persoas interesadas poderán inscribirse, ata o 20 de abril, en calquera das actividades a través do formulario dispoñible na web municipal que poderase entregar na casa consistorial do Concello de Guitiriz ou a través da sede electrónica.

Programación completa

  • 22 de abril, Obradoiro Primavera: facemos un marca páxinas floral?
  • 29 de abril, Obradoiro Reciclaxe: unha macetiña para mamá!
  • 13 de maio, Stop Motion Letras Galegas
  • 20 de maio, Xincana: xogamos pola nosa vila?
  • 3 de xuño, TikTok somos iguais: queres ser tik toker?
  • 10 de xuño, Stop Motion Emocións