Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz festexará o Día do Libro coa actividade Tes un conto…

Por 6 Abril, 2022Sin comentarios

Tras o éxito acadado na súa primeira edición, o Concello de Guitiriz, a través da Biblioteca Pública Municipal Casa Habanera, trae de novo a actividade Tes un conto… na que convida á veciñanza a festexar o Día do Libro, que se conmemora o 23 de abril.

As persoas participantes terán que escribir un relato no que teñen que que incluír as seguintes palabras: ledicia, soños, luz, esperanza, luvas, astronauta, lúa, frangulla,  calma. Non hai límite de liñas en canto á súa extensión.

Os relatos serán enviados á dirección de correo electrónico: biblioteca@concellodeguitirz.com. O prazo para enviar as obras remata o 30 de abril. Desde a biblioteca animan aos veciños e veciñas a participar e contribuír co seus relatos á conmemoración do Día do Libro.