Skip to main content
Guitiriz

O Concello e a Deputación organizan un obradoiro de cestería gratuíto

Por 19 Abril, 2022Sin comentarios

O Concello de Guitiriz, a Deputación de Lugo e a Reserva da Biosfera Terras do Miño organizan un obradoiro de cestería gratuíto que terá lugar o venres 6 e o sábado 7 de maio de 16 a 20 horas no soto da Casa Habanera.

A inscrición para esta actividade abriuse onte, luns 18 de abril, e as persoas interesadas poderán anotarse ata o 30 deste mesmo mes chamando ao teléfono do Concello: 982 370 109. As prazas para participar son limitadas.

O obxectivo do obradoiro é aprender as técnicas para facer cestos e coñecer os diversos materiais necesarios para a súa elaboración. É un taller recomendado para o público en xeral, incluíndo nenos e nenas a partir dos 10 anos.