Skip to main content
Axenda Caducada

Guitiriz vólcase co Día das Letras Galegas

Por 27 Abril, 2022Maio 16th, 2022Sin comentarios

O Concello de Guitiriz, a través da biblioteca pública municipal Escola Habanera, a Escola de Música e a UNED Sénior, renderá tributo a Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado nas letras galegas 2022, o próximo luns 16 de maio cun programa de actos con xogos, música e lectura de poemas.

As actividades terán lugar no Campo da Feira a partir das 17:00 horas e comezarán cos Xogos da Primavera, nos que a mariola, o xogo da ra, a peonza ou a petanca estarán a disposición dos máis cativos e tamén dos maiores.

Para as 18:30 horas está prevista unha actuación musicial a cargo do alumnado da UNED Sénior e, seguidamente, ás 18:45 horas realizarase unha lectura colectiva de poemas do escritor homenaxeado. Rematarase a xornada con música da man do grupo de gaitas da Escola de Música municipal.