Skip to main content
Meira

Abre unha exposición sobre a Semana Santa en Meira

Por 1 Abril, 2022Sin comentarios

A igrexa de Santa María en Meira acolle dende este sábado unha exposición sobre as celebracións de Semana Santa na localidade que poderá verse neste centro ata o 22 de abril.

A mostra, que arranca este sábado, ás 20.00 horas, poderá visitarse todos os días de 10.00 a 13.30 horas e polas tardes o horario muda de 19.00 a 20.30 horas pola semana ata o da fin de semana, de 16.30 a 19.00 horas.

A colección reúne as imaxes das procesións, o vestiario dos confrades e fotografías e cadros de edicións anteriores. A mostra contará tamén coa maqueta da igrexa e o mosteiro realizada por Jesús Villamide.

Na inauguración actuará a Banda Muncipal de Meira, cun concerto a partir das 20.30 horas.