Skip to main content
Muras

Amplíase o prazo de exposición pública do inventario de camiños de Muras

Por 3 Abril, 2022Sin comentarios

Está en exposición pública o Inventario de Camiños Municipais, que se extenderá tras un novo prazo ata o próximo 25 de abril.

Durante este prazo, o documento pode ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais para que formule alegacións ou reclamacións no caso de consideralas pertinentes. Así mesmo, a través da ligazón https://muras.sedelectronica.gal/info.1 o contido será accesible mediante un Visor Web.

O Inventario de Camiños Municipais será o instrumento que resolva as carencias ata agora existentes e aclarará de forma definitiva os criterios de posesión e titularidade.

Unha vez sexan resoltas todas as alegacións e consultas presentadas a este período de consultas, o expediente será elevado ao Pleno da Corporación para a súa aprobación.

O alcalde explicou que decidiuse ampliar este prazo “para darlle máis transparencia e que todos os veciños teñan a oportunidade de facer unha revisión”.