Skip to main content
Muras

Muras celebrará o 28 de maio a Romaxe Artesá da Chaira

Por 24 Abril, 2022Sin comentarios

O Concello de Muras ten previsto celebrar o día 28 de maio a sexta edición da Romaxe Artesá da Chaira, unha festa na que se busca a reivindicación dos oficios tradicionais e sobre todo a dinamización do medio rural como lugar de creación de vida.

O Concello decidiu optar por esta celebración unha vez que a situación do virus está controlada e tralo éxito acadado o ano pasado, cando si se celebrou esta cita.

O Concello aínda está perfilando a programación, na que figuran moitas das actividades que se celebraron en anos anteriores, agás no 2020 cando non houbo pola pandemia.

Polo de pronto, haberá exposición de artesanía e demostracións en directo dos diferentes artesáns. Tamén está previsto celebrar obradoiros para adultos e tamén para nenos, buscando novamente evitar aglomeracións.

O Concello dará a coñecer o programa nos próximos días.