Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

A CIG denuncia o desmantelamento das instalacións de Tegestacín

Por 2 Abril, 2022Sin comentarios

A CIG informa que a empresa Tegestacín na súa factoría de Outeiro de Rei está “consumando a súa fraude” co desmantelamento total das instalacións. 

“Era unha noticia a voces dentro da totalidade das industrias do sector e mesmo coñecido pola Xunta de Galiza que esta empresa ofertaba repostos e maquinaria a prezos de chatarra”, explican. 

Sen embargo afirman que, “nun paso máis adiante e no que supón seguramente o fin de calquera reversibilidade das instalacións para retomar a actividade no sector lácteo”, están a desmantelarse os silos principais da factoría, esta operación xerou ademáis moita expectación entre o veciñanza posto que os xigantes silos de almacenamento de leite requiren a actuación de poderosos guindastres e plataformas especiais. 

“Dende a CIG denunciamos publicamente esta actuación do entramado de empresas, actualmente a maioría en situación de pre-concurso de acredores, no que claramente é unha actuación deliberadamente fraudulenta e de fuxida e que se poñerá en coñecemento das autoridades competentes, nomeadamente da fiscalía, pois claramente persigue descapitalizar a empresa e deixar sen activos que poidan sufragar os importes dos salarios e indemnización impagadas ó persoal”, engaden.