Skip to main content
A Pastoriza

Bretoña presenta o programa da Festa da Bola de Liscos e das Freces

Por 7 Abril, 2022Abril 8th, 2022Sin comentarios

A Asociación Amigos da Feira de Bretoña presentou o programa da XI edición da Festa da Bola de Liscos e das Freces, que se recupera tras anos sen celebrarse o próximo 24 de abril.

A festa seguirá o exemplo de edicións anteriores coa preparación de 200 bolas de liscos e de 800 racións de freces que se repartirán entre os asistentes a este evento.

O programa comezará na noite do 23 de abril con cantos de taberna e tapeo polos bares do pobo. Xa o domingo será o día propia da festa que contará cunha carpa para a degustación, polbo e música polas rúas.

Actuará tamén a escola de música da Pastoriza e haberá sesión vermú co Dúo Venus.

Esta celebración tivo lugar por última vez no ano 2018 na que foi a súa décima edición e a intención e establecer unha continuidade  para solicitar en próximas datas a súa designación como Festa de Interese Turístico de Galicia.

Na asociación manteñen a idea de lograr esta distinción pero tómanse este ano “de tránsito” debido á premura do tempo, para volcar os seus esforzos coa edición do próximo ano.

A bola de liscos é un prato da zona elaborado con masa de pan, panceta afumada, chourizo e berzas, o que se coñece como cociña con produtos de subsistencia pero cun resultado espectacular. Este ano, para darlle todavía máis relevancia, as bolas estarán elaboradas con produtos do porco celta. Para os que non coñezan este produto, ten moito parecido cunha empanada gorda pero moi xugosa e sabrosa. Esto é debido aos liscos do seu interior e o sabor é pola cobertura de berza coa que se mete ao forno.

Este novo impulso a esta celebración está condicionada polos novos membros da asociación, que entran a reformar esta iniciativa xunto coa anteriores organizadores, que aportarán tamén a súa experiencia e tamén os segredos de elaboración destes pratos.