Skip to main content
A Pastoriza

Asapa segue equipando o local social da Pastoriza cunha neveira e un altavoz

Por 11 Abril, 2022Sin comentarios

A Asociación de Empresarios da Pastoriza (Asapa) informou da nova doazón recibida para o seu local e que consiste nunha neveira e un altavoz con micrófono, gracias a un acordo con Marcos Alvite Coroas, de Autoservicio Meira.

Así,o local social xa dispón de neveira e un altavoz con micro para dar servizo e poder retomar as comidas sociais.

En anteriores ocasións recibiron outra doazón dunha caldeira de pelets grazas a un acordo con BigMat Huertas de Pousada, unha parroquia deste Concello.

O local social carecía de calefacción, “e dadas as condicions climatolóxicas desta zona, creíamos que era o primeiro paso a dar para un mellor confort para as xuntanzas”, explica o presidente do colectivo, Marcos García Lombardero.

“Queremos dar as gracias a directiva do monte veciñal e os veciños pola confianza depositada en nós para levar a xestion do local, e dar as grazas tamen a Marcos Alvite, que o fixo posible”, conclúe o presidente de Asapa.