Skip to main content
A Pastoriza

A Pastoriza terá unha proba do Campionato Galego de Andadura

Por 13 Abril, 2022Sin comentarios

A proba do circuíto ecuestre celebrarase o 4 de xuño.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou xunto ao alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, un convenio de colaboración para a celebración dunha das  seis probas do Campeonato Galego de Andadura que se levará a cabo no concello chairego. A institución provincial achegará preto de 2.600 euros para a posta en marcha desta proba deportiva que puntuará para o campionato galego. 

A Pastoriza acollerá aos participantes neste concurso autonómico e amantes da hípica o 4 de xuño. A andadura é unha modalidade de hípica tradicional na que o cabalo se despraza movendo o pé e a man dun lado e outro á vez xerando un movemento moi estable. 

Tomé Roca enmarcou esta colaboración no compromiso da institución provincial polo sector primario e por actividades que dinamicen o rural como obxectivo prioritario, xa que ten un importante impacto social en toda a provincia.

Ademais desta colaboración, o Concello da Pastoriza conta cunha achega da Deputación de Lugo de 327.219,01€ a través do Plan Único deste ano 2022 para desenvolver distintas actuacións para manter e aumentar os servizos e infraestruturas e crear emprego, entre outras.