Skip to main content
A Pastoriza

Asapa organiza unha excursión ao corazón da Ribeira Sacra

Por 19 Abril, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

A Asociación de Empresarios da Pastoriza (Asapa) comunicou que teñen preparada unha excursión ao corazón da Ribeira Sacra para o 20 de maio.

Así, os participantes visitarán a Granxa Gayoso Casro, a igrexa de San Pedro de Bembibre, a área recreativa Ponte Mourelle, o casco histórico de Chantada e a igrexa de Nogueira do Miño.

Para rematar a xornada despois de tanto visita, os asistentes poderán desfrutar dunha visita a unha adega.

A saída desta excursión será ás 9.15 horas dende a praza do Concello da Pastoriza e informan que hai un número de prazas acotado a 25.

A data límite para anotarse é o 12 de maio e pode facer chamando aos teléfonos 630 363 566 ou 625 065 197.