Skip to main content
A Pastoriza

A Pastoriza abre o prazo para solicitar as axudas para as festas patronais

Por 24 Abril, 2022Abril 25th, 2022Sin comentarios

O Concello da Pastoriza anunciou que ofrecerá de novo as axudas habituais ás asociacións veciñais e diferentes colectivos para a celebración das festas patronais.

Esta medida anunciouse debido á orde de retomar as actividades por parte dos diferentes organismos trala suspensión das mesmas durante a pandemia de covid durante dous anos.

Así, a través dun bando anunciouse que xa se poden solicitar ditas axudas para que os organizadores poderán cursar a debida solicitude aportando tamén o cartel das festas, unha memoria explicativa dos actos previstos indicando orzamento, orquestras, grupos musicais, actividades a realizar e número de público asistente previsto.

Ademais pídese un certificado de estar ao día cos pagos e outro do número de conta.