Skip to main content
Axenda Caducada

Charla sobre a Revolta Cultural en Pol este martes

Por 4 Abril, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

A Casa Chaín en Cirio acolle mañá, 5 de abril, a partir das 18.00 horas unha charla informativa co título Revolta Cultural.

O obxectivo desta formación e explicar as bases para participar no maratón de emprendemento organizado polo colectivo Montes Vales Orientais dos días 22 ao 24 de abril en Mondoñedo, onde se reunirán emprendedores e empresas referencia no sector para a avaliación de ideas.

A iniciativa está dirixida a aqueles negocios ou actividades que teñan previsto ampliarse ou constituírse en próximas datas. A Revolta Cultural escollerá 12 proxectos para participar na incubadora rural con 15.000 euros en premios en forma de axuda.