Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXAPol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Pol acollerá a II Edición do Campus KingTela

Por 5 Abril, 2022Sin comentarios

Do 2 ao 9 de xullo de 2022, a localidade de Mosteiro, no concello de Pol, acollerá a II Edición de Campus KingTela.

Unha semana repleta de moito baloncesto, un equipo técnico de primeiro nivel, xogadores profesionais, actividades, noites temáticas, competicións, piscina… e dos irmáns Erik e Sergi Quintela, así como de Fernán Varela, Adrián Chapela, Roi Vega, Will Pereiro, Nacoho Silva e Nacary Rojas, entre outros.

Ademais haberá fiseoterapeuta, seguro e enfermería, e por suposto un servizo de bus entre Lugo e Mosteiro e viceversa.

O campus conta con dúas modalidades, interno e externo. A interna ten aloxamento, 5 comidas, veladas nocturnas, adestramentos nocturnos e activación matinal e todo por un prezo de 430 euros; e o réxime externo  son 3 comidas, a chegada é ás 10.00 horas e a saída ás 19.45 horas por 260 euros.

O campus terá descontos para os que se inscriban antes do 24 de abril, de 50 euros para internos e de 30 para externos.

Haberá agasallos como a equipación completa (camiseta y pantalón) máis cubre. Marca Wibo, un diploma de participación, un póster oficial Campus Kingtela e variados sorteos e moitas máis sorpresas.

Xa se poden realizar as inscricións na web www.kingtelabrothers.com.