Skip to main content
As Pontes

As Pontes abre un proceso selectivo para prazas de conserxe

Por 2 Abril, 2022Sin comentarios

O Concello das Pontes abre o luns, 4 de abril, o proceso selectivo para a constitución dunha lista de espera de conserxe de edificios e servizos municipais, para cubrir as necesidades de contratación laboral temporal (acumulación de tarefas, substitución da persoa titular, interinidade por vacante … )

As persoas aspirantes deberán reunir, entre outros, os seguintes requisitos; ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa,  posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das funcións do posto e non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.

Ademais deberá posuír o permiso de conducir da clase B e debe estar en posesión da titulación de lingua galega seguinte: CELGA 2 ou equivalente. De non acreditarse o coñecemento do galego por esta vía realizarase unha proba oral ou escrita de galego, de carácter obrigatorio e eliminatorio

As solicitudes, xunto coa documentación xustificativa dos méritos que se valorarán na convocatoria deberán presentarse preferentemente a través da sede electrónica municipal puidento presentarse tamén presencialmente  no Rexistro Xeral do Concello, cita previa nos teléfonos 667 12 93 89/667 12 93 80, no prazo de 14 días hábiles, a contar desde o 4 de abril de 2022.

Para obter máis información consultar o BOP nº 63 de 1 de abril de 2022 ou na páxina web do Concello https://concello.aspontes.org/emprego-publico/