Skip to main content
As Pontes

As Pontes mellorará viais no Bidueiro e Vilarmaior

Por 30 Abril, 2022Maio 1st, 2022Sin comentarios

O Concello das Pontes ten previsto renovar a pavimentación dos viarios de Bidueiro e o Camiño Vilarmaior na parroquia do Freixo, un proxecto financiado pola Deputación da Coruña, cun orzamento de 73.230 euros.

A través destas actuacións, o goberno local continúa co seu proxecto para mellorar as infraestruturas do ámbito rural, favorecer a calidade de vida da veciñanza.

“Estes viarios teñen moita importancia para a comunicación entre os núcleos rurais da vila e aínda que durante os últimos anos estivéronse realizando traballos de mantemento pero estaban a sufrir importantes deterioras. Con estas obras seguimos coa nosa folla de ruta para mellorar as infraestruturas no ámbito rural e favorecer a calidade de vida dos nosos veciños”.

As obras inclúen o varrido da superficie dos viarios e a limpeza das marxes e as cunetas e a extensión dunha capa de saburra para evitar o chazo producido polo recrecido do firme. Así mesmo, contémplase o recrecemento do firme existente con aglomerado asfáltico de 5 centímetros de espesor. Tras todas estas actuacións, realizarase a marcaxe dos viarios, o pintado das marxes e a sinalización horizontal.