Skip to main content
Rábade TERRACHÁXA

Fillos da Chaira reinaugura cunha festa o local social este mércores

Por 11 Abril, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O colectivo Fillos da Chaira de Rábade anunciou a súa intención de reinaugurar o mércores 13 de abril o local social, situado na avenida da Coruña de Rábade, coñecida como Casa Chaira.

“Queriamos investigar e analizar cal era a mellor maneira de ofrecervos o mellor recibimento para este período vacacional e futbolineiro que para moitos xa é unha festa máis da nosa ilustre vila. E, como non, sendo quen somos e de onde somos, despois de moito cavilar chegamos á conclusión de que o mellor era organizar unha boa festa de reinauguración do noso Local Social”.

Haberá música en directo, cervexas, troula e algunha que outra sorpresa. Esta dará comezo a partir das 21.30 horas e o concerto iniciarase ás 22.00.