Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Remata o Máster de Futbolín de Rábade con récord de participación

Por 18 Abril, 2022Sin comentarios

O futbolín volveu a Rábade pola porta grande cun novo récord de participación ao acadar as 274 parellas inscritas esta Semana Santa no XXIII Gran Máster Nacional.

Los García, de Valencia, foi a parella gañadora na categoría movemento mentres que os barceloneses Rafa e Dani alzáronse co título en parado e os galegos Calviño e Migui en combinada. En mulleres, o trofeo foi para as galegas Paula e Alba.

Outros lugueses con premio foron Pravia e Gemelos, que quedaron terceiros en parado e Meizoso e Javie cuartos en parado. A parella rabadense Beethoven PRF quedaron quintos.

No cadro de honra tamén destacou Jesús Castro, que recibiu o trofeo ao mellor xogador de Lugo. Ademais, Tomás Vila, de Pontevedra, foi o mellor xogador de Galicia e a coruñesa Paula a mellor na categoría feminina. O resto de trofeos foron todos para xogadore de Zaragoza (mellor peña para 8 Barras), Logroño, Barcelona, Valencia e Mallorca.