Skip to main content
Vilalba

O CEIP Terra Chá arranca este luns en Mondoñedo un programa de promoción do Camiño

Por 3 Abril, 2022Sin comentarios

Dentro do Plan Proxecta Vexo-veo Xacobeo, o CEIP Terra Chá de Vilalba diseñou un programa de promoción do Camiño Norte a través da escola, no eido de promocionar os oficios tradicionais, gastronomía local, e rutas do camiño de Santiago.

Así, este luns, 4 de abril, comezan dito programa cunha visita a Mondoñedo onde desenvolverán un programa cultural no que tamén haberá tempo para o ocio.

Serán un total de 71 nenos de entre 3 e 12 anos os que se despracen a Mondoñedo para visitar os obradoiros de alfarería e serigrafía de Mondoñedo, facer un percorrido polo centro histórico da vila e rutas do Camiño e degustar unha torta de Mondoñedo.

Para completar a sesión, farán unha visita ao parque de ocio infantil de Abadín.