Skip to main content
Vilalba

A Residencia de Vilalba celebrou o Día Mundial da Saúde

Por 8 Abril, 2022Sin comentarios

A Residencia de Maiores de Vilalba celebrou o Día Mundial da Saúde con actividades organizadas a través dos departamentos de Fisioterapia, Educación Social, Terapia Ocupacional, Psicoloxía e a área Sanitaria do centro.

As actividades consistiron nunha charla por parte do departamento sanitario sobre a importancia da saúde e os hábitos de vida saudables, unha xincana temática, un taller de xabóns cos usuarios da Unidade Terapéutica do Alzheimer e a elaboración do mural do centro con esta temática.

Os maiores participaron activamente en todas elas mentres a organización prepara xa novas actividades extraordinarias (fóra da programación habitual previstas) polo Día do Libro, que terá lugar o 22 de abril. Tamén teñen prevista unha actividade interxeracional co CEIP Insua Bermúdez, que terá como temática os xogos tradicionais e que se desenvolverá o 29 de abril, e unha excursión moi especial que se realizará a mediados de maio da que o destino aínda é sorpresa.

Ademais, como todos os meses, o último venres de mes realizarase a celebración de aniversarios.