Skip to main content
Vilalba

Coidemos Lugo estará este sábado na parroquia de Nete

Por 13 Abril, 2022Sin comentarios

A plataforma Coidemos Lugo realizará unha nova actuación o sábado 16 de abril de 17.00 horas a 19.00 horas na parroquia vilalbesa de Nete.

O encontro realízase en colaboración coa Asociación de Veciños de San Cosme de Nete e consistirá en realizar unha acción de limpeza e concienciación ambiental.

Este colectivo preséntase para lembrar e concienciar sobre a necesidade de coidar a natureza, o patrimonio e os espazos públicos.

As prazas son limitadas e é necesaria a realización de inscrición. Esta farase a través do teléfono 626 505 523 (David).

Unha acción que se suma ás xa realizadas no parque de Paradai, no barrio do Castiñeiro, na Milagrosa, Montirón, no Casco Histórico da cidade das Murallas, entre outras.

Coidemos Lugo é un movemento social lucense que procura xerar un sentimento de amor e respecto polo patrimonio, a natureza e os espazos públicos. Accións de concienciación