Skip to main content
Vilalba

O PP de Vilalba pide a revisión en profundidade do inventario de camiños

Por 22 Abril, 2022Sin comentarios

O Partido Popular de Vilalba solicita ao Concello a revisión en profundidade do inventario de camiños municipais elaborado polo actual equipo de goberno, ademais da ampliación de prazos para que os interesados poidan realizar as alegacións oportunas.

A iniciativa dos populares xurde da cantidade de queixas recibidas dos veciños que non están de acordo con dito documento que, en palabras dos edís do PP, “é de vital importancia para o municipio”.

“Somos un dos concellos co maior número de vías públicas, polo que o lóxico é que de cara a facer un inventario se teña en conta os intereses da veciñanza que, en definitiva, é a que mellor coñece as súas parroquias e núcleos de poboación”, afirman, logo de rexistrar o escrito coas súas peticións.

O que pretenden dende o PP é que o actual equipo de goberno atenda as reclamacións que fan colectivos e particulares dende hai tempo, debido aos erros detectados no documento elaborado e poder mellorar así “un plan primordial para Vilalba”.