Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

“A ilusión ten moito poder e fai que as nenas e nenos den o mellor de si”

Por 24 Abril, 2022Abril 28th, 2022Sin comentarios

Un ano máis, a Escola Movemento Vilalba estará presente na Dance Woldcup Spain, que tivo a súa xornada clasificatoria en Burgos cun resultado de 6 ouros, 2 pratas e 3 bronces para as coreografías participantes, un total de 24. Entre elas tamén houbo moitas que quedaron ás portas do podio pero sobre todo rematan esta fase coa ledicia do traballo ben feito e de “levar a todos os rincóns a arte e a danza tradicional galega”. Como explica Noelia Blanco, directora da escola, “foi  moi emocionante. Había moitas ganas de voltar aos escenarios e notouse no xeito de bailar”. Noelia conta co apoio dos profesores Raquel, Uxía, Carla, Lucía, Natalia e Jonathan neste proxecto.

Como valora o paso pola competición?

Levamos 24 coreografías e foi  moi emocionante. Había moitas ganas de voltar aos escenarios e notouse no xeito de bailar. Fixéronno moi ben, especialmente as máis maiores. Os resultados foron espectaculares con 6 ouros, dúas pratas e 3 broncesAdemáis as peques de Pousa Pousa levaron o premio especial ao mellor vestuario de Danzas Folclóricas. A sorpresa deste ano foi Soy yo, que foi seleccionada como mellor coreografía da categoría Mini dándolle o pase á gran gala, unha gala final onde se ven as mellores coreografías do evento e na categoría Mini o xurado só decidiu pasar a nosa coreografía. As nosas alumnas nunca escoitaran falar deste Premio porque sempre o consideramos inalcalzable para nós. Finalmente non quedamos porque non contabamos con esta posibilidade e facíase moi tarde para voltar.

Que axuda están a ter para sacar adiante este concurso?

As nosas nenas e nenos só reciben unha sesión semanal de clase en cada modalidade na que están inscritos frente a unha media de 18 horas semanais (ou máis nalgún caso) que veñen facendo nas escolas de danza os que teñen máis de 10 anos. Por este motivo todos os resultados obtidos son maravillosos. A ilusión ten moito poder e fai que as nenas e nenos sempre den o mellor de si a pesar do pouco tempo de ensaio.

Levan varios anos participando. Como xurdiu a idea?

A opción de competir é totalmente voluntaria no momento no que se inscriben. Ofrécese para que teñan a posibilidade de vivir novas experiencias. A compeción ben xestionada tamén forma. Conviven con outras escolas, fan amizades, aprenden a xestionar as emocións, motiva,…

Son os únicos de Galicia en participar?

En edicións anteriores eramos 4 escolas galegas as que entrabamos no clasficatorio para o Mundial pero este ano fomos 3.

Cando naceu a Escola de Movemento e que percorrido tivo nestes anos?

A Escola de Movemento Vilalba nace de maneira fortuíta penso que polo ano 2006. Pola ilusión de ir creando pouco a pouco unha Escola de Danza e pouco a pouco foi medrando. Iniciamente só impartíamos jazz e contamporáneo, co tempo fomos sumando as modalidades de Acro, Ballet e HipHop. En colaboración con AC de Andrade elaboramos as coreografías que participan na modalidade de Danzas Folclóricas. Ata que nós chegamos a entrar no claficatorio para o Mundial, España sempre estivera representada por flamenco. Nós fixemos a nosa proposta no 2017 con Espantallo e xa ese ano conseguimos un bronce que nos levou directamente ao Mundial que se celebraba en Alemania. Os comentarios do xurado internacional alí presente foron espectaculares. Eso animounos a seguir levando as nosas propostas ano a ano e foron moitas as escolas tanto nacionais como estranxeiras que nos escribiron interesándose polos nosos ritmos. E dende entón España tivo todos os anos representación de ritmos galegos no Mundial.

“Síntome orgullosa de todos e cada un dos resultados obtidos. As horas de ensaio dos nosos nenos e nenas son moi reducidas en comparación co resto de participantes”

De que logros se sinten máis orgullosos?

De todos e cada un dos resultados obtidos. Como dixen anteriormente as horas de ensaio dos nosos nenos e nenas son moi reducidas en comparación co resto de participantes. A ilusión non se merma nunca. Non ter medalla deixa un pouco triste ao principio pero enseguida recordamos que nunca perdemos, sempre gañamos. Gañamos unha nova experiencia, unha nova viaxe, unha nova emoción,… e nunca, nunca perdemos! Bueno, nalgunha ocasión perdemos algún complemento (unha zapatilla, una tocado do peinado,…).

Cantos rapaces/rapazas aprenden a bailar con vós e de que idades?

Na actualidade son 110 de bailaríns dende os 2 ata os 23 anos.

A escola de Movemento ten un gran calado social en Vilalba. Como se consegue iso?

Pois non son consciente do calado social nin de como se consegue. Sei da ilusión e do esforzo de todos os nenos e nenas pero tamén da implicación da maior parte das familias. Sen todo iso Movemento non sería nada.

Cales son os proxectos máis inmediatos de futuro?

Agora mesmo preparar o Mundial. Son 12 coreografías clasificadas aínda que finalmente só irán 4 (Soy yo, Maxia, Terra e A roda da Vida) porque no resto non se animaron todas as bailarinas. Esto implica un total de 40 nenas e nenos que precisan dar o mellor de sí nesa competición. Sen deixar de lado a nosa Mostra de Danza Belinda Paz que terá lugar o 21 de maio ás 19:00 h no Auditorio Municipal.

E necesidades?

As necesidades sempre son moitas aínda que nos arreglamos ben. Neste momento o que máis notamos en falta é material específico para traballar as acrobacias pero é demasiado costoso.

Contan con axuda para os proxectos da escola?

Contamos cunha nominativa do Concello e una pequena axuda da Deputación ademáis de tres patrocinadores do pobo (Caixa Rural, Novalux e Prestes Queixería). Grazas a eles pagamos os autobuses para desplazarnos ás competicións, axúdase económicamente nas inscripcións das nenas que bailan varias coreos, axudas co vestuario, etc). Os gastos son moi elevados porque falamos dun grupo de competición formado por 100 nenas e nenos e sempre desplazamentos longos (o clasificatorio foi en Burgos), sumando unhas cotas de inscripción moi elevadas. Este ano becamos a varias rapazas para recibir clases en Santiago por unha profesora da Royal de Londres que se achegou no Nadal e noutras ocasións traemos profesorado de fora á nosa vila.

Ademais da competición programan outra serie de actividades?

Clases impartidas por coreógrafos de referencia a nivel nacional que traemos á nosa escola, festival fin de curso (Mostra de Danza Belinda Paz) e un programa de Danza no Verán.

Que tipo de seguemento teñen?

As familias son as mellores. Sempre fans incondicionais. Teñen bandeiras propias para acompañarnos nas competicións.