Skip to main content
Vilalba

O concurso para a compra do terreo do centro de día de Vilalba queda deserto

Por 27 Abril, 2022Sin comentarios

A mesa de contratación para a compra dun terreo no que edificar o futuro centro de día de Vilalba, rematou botando atrás as cinco propostas presentadas por diferentes motivos.

Así, tres das propostas presentadas foron desestimas dúas por non estar inscritos os terreos no rexistro mercantil e unha terceira por falta de documentación para certificar a propiedade.

Ademais, abriuse a proposta de dúas ofertas máis pero ambas as dúas foron rexeitadas pola mesma razón, o ser soares cunha orografía que presenta unha pendente superior al 12%, algo que se especificaba claramente no pliego de prescriciones técnicas.

O proceso de adquisición do terreo para o centro de día iniciouse o 1 de abril coa apertura de plicas para a presentación das ofertas. O Concello solicitaba neste concurso un terreo de máis de 600 metros cadrados, situado no centro da vila e cun orzamento base de 102.000 euros.

O Concello anunciou a súa intención de seguir adiante, ou mediante outra fórmula o volver sacar o concurso.